Ata o 30 de xuño: Exposición pública do novo proxecto da VAP da Costa Norte, tramo AG64-A Sanguiñeira

0

O Diario Oficial de Galicia publicou o 19 de maio de 2021 o anuncio da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) polo que se somete ao trámite de información pública a separata do proxecto de actualización da vía de alta capacidade da Costa Norte entre a autovía AG-64 e a Sanguiñeira, ademais da relación individual de bens, dereitos e propietarias/os afectados polo proxecto.

O documento pode consultarse  no Concello de San Sadurniño en horario de mañá, no Concello de Moeche, na sede da Axencia Galega de Infraestruturas en  Santiago ou no Servizo de Infraestruturas da Coruña (Rúa Vicente Ferrer 2).

Documentación descargable:
Proxecto completo (800 MB en pdf)
Anuncio de exposición pública do proxecto e relación de bens e titulares afectados 
Ligazón á web da AXI

Share.