Axudas para impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica sufragando as accións e os gastos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa.
Persoas beneficiarias: As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT.
Accións subvencionables: Para poder acceder ás distintas modalidades de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas. As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas dentro do primeiro ano de actividade:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
c) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
d) Apoio á función xerencial.
Prazo: ata o 30/09/2025.
Concorrencia competitiva: non (a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data en que se presentase a documentación completa requirida nestas bases reguladoras).
Cantidade: As contías varían en función do número de empregos xerados, a pertenza a determinados colectivos e, incluso, a formación a realizar pola xerencia da IEBT. É preciso encadrar estes termos nas diferentes modalidades de incentivos para coñecer o importe ao que se tería acceso.