Ata o 30 de setembro: Incentivos á contratación en empresas

0

O Plan Galicia emprega de incentivos á contratación na empresa ordinaria para o ano 2025 (TR342C) ofrece achegas que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e en entidades sen ánimo de lucro, especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.

Inclúe catro modalidades de axudas:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.

d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

Persoas beneficiarias: As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica.

 Actuacións subvencionables:

1.- Para que as contratacións, os incrementos de xornada ou os incrementos na duración anual dos contratos fixos descontinuos sexan subvencionables, deberán axustarse aos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se realice cunha persoa que se encadre nalgún dos colectivos sinalados no artigo 24.1.a). da orde.

b) Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2024 e ata o 30 de setembro de 2025, ambas as datas incluídas. No caso de incremento de xornada ou de incremento na duración anual do contrato fixo, o dito incremento deberá realizarse igualmente no período subvencionable, do 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambas as datas incluídas.

c) Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axudas.

d) No caso de axudas para a adaptación de postos de traballo, que o gasto estea realizado na data de presentación da solicitude.

2.- Modalidades e requisitos aplicables a cada tipo de axuda:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas. Os contratos subvencionables deberán ser de duración indefinida e a xornada a tempo completo. Exclúense os contratos fixos descontinuos. Exceptúanse da xornada a tempo completo as contratacións de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, que poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial; a xornada a tempo parcial será como mínimo do 50 %. Para ser subvencionable a contratación deberá realizarse cunha persoa desempregada.

b) Incrementos de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo. Os incrementos de xornada, das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con calquera dos colectivos sinalados no artigo 24.1.a) da orde, serán subvencionables cando acaden o 100 % da xornada ordinaria ou da establecida no convenio colectivo de aplicación e deben producirse no período subvencionable e con anterioridade ou na mesma data da solicitude da axuda.

c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa. O incremento deberá ser de, polo menos, o 50 % sobre a duración inicial do contrato que se incrementa e debe producirse no período subvencionable e con anterioridade ou na mesma data da solicitude da axuda.

d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade cuxo contrato se subvenciona ao abeiro desta orde.

Prazo de solicitude: dende o 31/01/2025 ás 00:00h. ata o 30/09/2025 ás 23:59h.

 

 

Cantidade

  1. As axudas definidas no artigo anterior terán os seguintes incentivos:

a)  Artigo 24.1.a) (referido anteriormente) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas incentivaranse con distintas contías base, segundo o colectivo a que pertenza a persoa contratada, conforme as definicións establecidas no artigo 5 desta orde:

  1. Persoa moza: 6.000 €.
  2. Muller: 6.000 €.
  3. Persoa parada de longa duración: 6.000 €.
  4. Persoa de 52 anos ou máis: 6.000 €.
  5. Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 6.000 €.
  6. Mulleres en ocupacións masculinizadas: 10.000 €.
  7. Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 10.000 €.

Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.

As contías indicadas anteriormente incrementaranse nun 15 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si: centro de traballo ou domicilio fiscal situado nun concello rural, maior de 45 anos, persoas trans.

A contía máxima posible que se subvencionará por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 14.500 €.

b) Incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais (de xornada parcial a xornada completa): incentivo de 2.000 €. Se o incremento de xornada se realiza en persoas con discapacidade, o incentivo será de 3.000 €.

c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 4.000 €.

d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal: axuda de 1.000 €.

Ligazón á convocatoria

 

Share.