Ata o 30 de setembro: Axudas para fomentar a adopción de animais domésticos de compañía abandonados acollidos nos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (MT811C)

0

Axudas destinadas a fomentar a adopción de animais domésticos de compañía abandonados acollidos nos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia. Entenderanse por animais domésticos de compañía os pertencentes ás especies canina e felina, e por animal entregado en adopción o animal doméstico abandonado que foi cedido en adopción nun centro de recollida autorizado e que consta correctamente inscrito a nome da persoa adoptante no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac).

Persoas beneficiarias: Persoas físicas que acrediten a adopción dun animal doméstico de compañía abandonado que proveña dalgún dos centros de recollida au­torizados da Comunidade Autónoma de Galicia.

Actuacións subvencionables: Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde os custos derivados da identificación, esterilización, desparasitación e vacinación, segundo proceda, que o propio centro de recollida ou un centro veterinario colaborador deste poida repercutir sobre quen adopte un animal doméstico de compañía abandonado acollido nun dos centros de recollida autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia.

O período subvencionable comprende as adopcións que se produzan desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, incluído.

Prazo de solicitude: ata o 30/09/2025.

Cantidade: O importe máximo da axuda será de 150 €/animal da especie canina adoptado e de 125 €/animal da especie felina adoptado. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable. O número máximo de animais polos cales se poderá percibir a axuda será dun máximo de dous (2) animais por persoa.

Ligazón á normativa

 

Share.