Ata o 30 de setembro: axudas ás persoas autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas

0

Axudas orientadas á a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras.

 Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

  1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
  1. Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención ás persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, para que leven a cabo accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

Persoas beneficiarias: Persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Accións subvencionables no bono de incentivos á contratación: Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que as persoas contratadas sexan desempregadas.

b) Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2024 e ata o 30 de setembro de 2025, ambas as dúas datas incluídas.

c) Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axudas.

d) Que estean comunicadas ao Servizo Público de Emprego, a través da aplicación Contrat@ no prazo de 10 días hábiles desde o seu inicio.

Contía dos incentivos

Primeira persoa traballadora indefinida desempregada: 7.500 €. A contía será de 9.000 € cando a persoa desempregada se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables: muller, ou persoas desempregadas de longa duración, ou maiores de 52, ou persoas con discapacidade, ou persoas en situación ou risco de exclusión social, ou persoas emigrantes retornadas, ou persoas estranxeiras.

Segunda e terceira persoa traballadora indefinida: 9.000 €. A contía será de 11.000 € cando a persoa desempregada se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables: muller, ou persoas desempregadas de longa duración, ou maiores de 52, ou persoas con discapacidade, ou persoas en situación ou risco de exclusión social, ou persoas emigrantes retornadas, ou persoas estranxeiras.

Os incentivos sinalados no punto anterior incrementaranse nun 15 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

a) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

b) Persoas maiores de 45 anos (non será aplicable no caso de que a axuda se conceda polo colectivo de maiores de 52 sinalado na letra c) das alíneas I e II do punto primeiro deste artigo).

c) Persoas trans.

d) Se a persoa incorporada é unha muller nunha profesión ou oficio no que a muller estea subrepresentada, segundo o informe do Observatorio do Emprego

Deste xeito as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serían:

  • Para a primeira persoa traballadora indefinida 14.400 euros.
  • Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida 17.600 euros.

Accións subvencionables e requisitos nos bonos de incentivos á formación: As persoas autónomas ou profesionais que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio do bono de contratación previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma cuxo contrato se subvenciona a través do bono de contratación.

b) A duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.

c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde a data de inicio do contrato da solicitude e deberá estar finalizada o 30 de outubro de 2025.

 Queda excluída deste bono de incentivos á formación aquela formación que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia de prevención de riscos laborais.

Contías dos incentivos e condicións da percepción: Esta formación incentivarase cunha axuda de 2.000 euros por cada persoa traballadora cuxo contrato se subvenciona por medio do bono de contratación e que cumpra os requisitos.

Prazo de solicitude: dende o 24/01/2025 ás 00:00h. ata o 30/09/2025 as 23:59h.

Ligazón á convocatoria

 

Share.