Bases reguladoras para a concesión de subvencións a fondo perdido e sen concorrencia competitiva relativas ao Plan Renova o teu vehículo (IN421U), así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (IN421T).
Persoas beneficiarias: Persoas físicas e autónomos ou empresas.
Vixencia do plan: Finalizará o 30 de setembro de 2025 ou ata que se esgoten os fondos.
Actuacións subvencionables: Será subvencionable a adquisición de vehículos novos que cumpran os seguintes requisitos e teñan un custo inferior ou igual a 42.000,00 € (impostos incluídos); este límite de custo amplíase a 47.000,00 € (impostos incluídos) para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico, e en 6.000,00 € adicionais cando se trate dun vehículo adaptado para a condución de persoas con discapacidade ou se dispón de 8 ou 9 prazas. Establécense as seguintes categorías de proxectos en función do vehículo adquirido:
Categoría do proxecto | Vehículo novo adquirido |
Tipo 1 | Turismos (M1) con emisións iguais ou inferiores a 100 g CO2/km |
Tipo 2 | Turismos (M1) con emisións iguais ou inferiores a 120 g CO2/km |
Tipo 3 | Furgonetas (N1) con emisións iguais ou inferiores a 120 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 185 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg |
Incompatibilidade das subvencións: As subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de cal quera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
Prazos: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 22 de xaneiro de 2025 ás 9.00 horas (Inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de 2025 ou cando se esgoten os fondos. A adquisición do vehículo obxecto da subvención e o achatarramento do vehículo que se renova poderase efectuar a partir do 1 de xaneiro de 2025.
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras rematará o 15 de setembro de 2025.
Cantidade: A axuda máxima en función do tipo de proxecto:
Tipo de proxecto | Axuda Inega
(€) |
Axuda adicional a familias
numerosas (€) |
Desconto do concesionario
(€) |
Total (€)(*) |
Tipo 1 | 3.000 | 600 | 1.000 | 4.000/4.600 |
Tipo 2 | 2.000 | 400 | 1.000 | 3.000/3.400 |
Tipo 3 | 2.000 | 400 | 1.000 | 3.000/3.400 |
(*) A segunda cantidade é exclusiva para solicitantes que formen parte dunha familia numerosa, para os que a axuda do Inega se incrementa un 20 %.