Ata o 30 de setembro: Axuda ás persoas traballadoras autónomas para o ano 2025 (TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R)

0

Subvencións ás persoas traballadoras autónomas a través dos seguintes programas, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025:

a) Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D).

 b) Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica da persoa traballadora autónoma  que non tivo éxito no seu anterior intento.

 c) Programa III: Bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q), destinado a apoiar a consolidación de proxectos que superaron os 42 meses de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade.

 d) Programa IV: Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional.

 e) Programa V: Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R), destinado a apoiar e promover a conciliación das persoas traballadoras autónomas.

Programa I. Promoción do emprego autónomo en Galicia (TR341D). Establécense 2 liñas de axudas:

a) Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.

 b) Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia.

Persoas beneficiarias: Persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

Liñas de axuda e contía da subvención

Liña 1: coas seguintes contías: 2.000 € para persoas desempregadas en xeral. 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen en determinados colectivos. A contía base correspondente incrementarase nun 15 % nos seguintes casos: ser muller, centro de traballo situado nun concello rural, persoas maiores de 45 anos, persoas trans, orofesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada.

Estes cinco incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 7.000 €.

Liña 2: equivalente a contía da cota reducida, multiplicada por 12, e sempre que se acollan á citada redución. O importe da dita contía, 80 € mensuais.

Programa II. Bono nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A). Para persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade, que queren volver emprender, e cumpran determinados requisitos. A axuda do bono nova oportunidade será dunha contía única de 7.500 €, dirixida ás persoas que cumpran os requisitos, contía que se incrementará en 500 € no caso de que a beneficiaria sexa unha muller.

 Programa III. Bono autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341Q): Dirixido ás persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia de Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que na data da solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran determinados requisitos.

Liñas de axuda e contía da subvención: Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias deste programa, unha subvención do 60 % de cada unha dos investimentos a subvencionar, cun límite máximo de 7.000 euros totais de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

 Esta axuda diríxese á mellora da competitividade, a través dos seguintes tipos de investimentos:

  • Compra de maquinaria.
  • Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
  • Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
  • Compra de utillaxe e ferramentas.
  • Reforma do local ou espazo do negocio.
  • Equipamento informático.
  • Equipamento de oficina e/ou negocio.
  • Rótulos.
  • Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.
  • Deseño de marca.

En ningún caso se consideran subvencionables os teléfonos móbiles e smartphones. Exclúese a adquisición de bens e servizos que podan ser considerados como mercadoría pola que a empresa obteña beneficios segundo a súa actividade, e exclúense así mesmo os gastos de xestión de páxinas web, redes sociais e similares, por ter a consideración de gastos corrente.

No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables a persoa beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscribibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens.

No caso de reforma do local do negocio exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o 1 de outubro de 2024 e ata a data da solicitude da axuda.

Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

Programa IV. Bono remuda para o fomento da remuda xeracional de negocios (TR353D): coa finalidade de evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo que facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente.

Os negocios obxecto de remuda deberán ter o domicilio social e fiscal e o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e estar inscritos na Bolsa de remuda da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego.

Persoas beneficiarias: persoas traballadoras autónomas, as persoas profesionais que estean dadas de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as persoas mutualistas, e as sociedades de calquera clase sempre que cumpran determinados requisitos.

Líneas de axuda e contía da subvención. Este programa desagrégase en dúas liñas de axudas:

Liña 1: Bono remuda rural, para negocios situados en concellos de menos de 10.000 habitantes. Subvenciónase o 75 % do prezo do contrato de remuda.

Liña 2: Bono remuda xeral, para negocios situados en concellos de 10.000 ou máis  habitantes. Subvenciónase un 70 % do prezo do contrato de remuda.

O Bono remuda subvenciona o prezo, sen IVE, estipulado no contrato de remuda, dun negocio ou actividade con domicilio social e fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que previamente estivese inscrito na Bolsa de remuda da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego.

A intensidade da axuda que corresponda en cada caso e en calquera das liñas poderá incrementarse un 5 % máis sobre o total nos seguintes casos: que a persoa que adquire o negocio sexa unha muller, ou sexa menor de 30 anos na data da solicitude, ou teña 52 anos cumpridos na data da solicitude, ou sexa desempregada de longa duración ou que o negocio que se traspasa teña máis de 5 traballadores.

Da liña 1, Bono remuda rural, a intensidade da axuda que corresponda pode incrementarse un 10 % máis, cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

– Que a persoa que adquire o negocio sexa emigrante retornada.

– Que a persoa que adquire o negocio sexa estranxeira.

– Que a persoa que adquire o negocio estea empadroada na mesma localidade na que se atope o negocio ou actividade que se remuda con anterioridade á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A contía máxima subvencionable por remuda será de 30.000 euros.

Para ser subvencionable o gasto deberá estar realizado e pagado no período comprendido entre o 31 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, salvo nos casos de acceso á remuda mediante o alugueiro do local e/ou medios produtivos.

Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

Pola súa banda, as persoas traballadoras autónomas que transmitan o negocio, percibirán un importe de 6.000 euros cando o negocio que transmiten se encadre na Liña 1: Bono remuda rural, e de 3.000 euros cando o o negocio que transmiten se encadre na Liña 2: Bono remuda xeral.

 Programa V. Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R): coa finalidade  apoiar a conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas.

Persoas beneficiarias: Persoas traballadoras que estean dadas de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as persoas mutualistas; Asemade poden ser beneficiarias as persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís, e comunidades de bens, a título individual sempre e cando determinados requisitos no momento da solicitude.

Para ter dereito á axuda a persoa traballadora autónoma ten que cumprir os seguintes requisitos:

a) Bono Autónomo Concilia I: Para ser beneficiaria desta axuda a persoa solicitante ten ou tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas. O contrato a realizar será de substitución, ou contrato indefinido, segundo o caso.

b) Bono Autónomo Concilia II: Para ser beneficiaria desta axuda o solicitante ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade coa persoa menor, maior e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade (grao igual ou superior ao 33 %), e/ ou dependente, como mínimo nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude.

c) Bono Autónomo Concilia III: Para ser beneficiaria desta axuda a persoa solicitante terá que acreditar a contratación dun centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade (grao igual ou superior ao 33 % ), e/ou dependente, como mínimo nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude.

 Liñas de axuda e contía da subvención

Bono autónomo Concilia I:

a) Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma para a substitución nos casos de maternidade ou paternidade, unha vez iniciado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, e pola duración do mesmo. Tamén será subvencionable a contratación dunha persoa traballadora para a substitución da traballadora autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactancia, e pola duración da dita baixa, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos neste programa.

b) Serán subvencionables as contratacións que cumprindo cos requisitos enumerados nos parágrafos anteriores se inicien entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025.

c) O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 1.100 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, e polo período de duración da baixa de maternidade ou paternidade.

 Nos supostos de risco durante o embarazo o importe máximo que se pode percibir de 8.800 €.

 No caso de transformación do contrato de substitución en contrato indefinido unha vez rematado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, o importe da subvención será de 7.500 €, e acadará os 9.000 € cando a persoa se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables entre si: mulleres, ou persoas menor de 30 anos, ou persoas desempregadas de longa duración no momento do contrato de substitución, ou persoas maiores de 52 anos, ou persoas con discapacidade, ou persoas en situación ou risco de exclusión social, ou persoas emigrantes retornadas, ou persoas estranxeiras.

 Bono autónomo Concilia II:

a) Será subvencionable a contratación indefinida realizada por unha persoa traballadora autónoma para o coidado de menores e/ou maiores, e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos neste programa.

b) Serán subvencionables as contratacións que cumprindo cos requisitos enumerados no paragrafo anterior, se inicien entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025.

c) O importe da subvención para compensar dita contratación será de 7.500 €, e acadará os 9.000 € cando a persoa se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables: mulleres, ou persoas menor de 30 anos, ou persoas desempregadas de longa duración, ou persoas maiores de 52 anos, ou persoas con discapacidade, ou persoas en situación ou risco de exclusión social, ou persoas emigrantes retornadas, ou persoas estranxeiras.

Bono autónomo Concilia III:

a) Será subvencionable, o 75 % dos custos do centro ou do servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, ata un máximo de 3.000 €. Os custos deberán ser corresponder a gastos incluídos no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2024 a 30 de setembro de 2025, e os centros e servizos deben estar ubicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso de IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

Os tres tipos de axudas reguladas neste capítulo: Bono Autónomo Concilia I, Bono Autónomo Concilia II e Bono Autónomo Concilia III serán compatibles entre si.

 Prazos de solicitude: para os cinco programas o prazo é o mesmo, isto é, dende o 24/01/2025 ás 00:00h ata o 30/09/2025 ás 23:59h.

Ligazón á convocatoria 

 

Share.