Axudas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2025.
Persoas beneficiarias: Alumnado universitario das universidades públicas que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2024/25, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos con data do 30 de setembro de 2024, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
b) O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 45 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá ser distinto do castelán e deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
Queda excluído desta convocatoria o alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias. Tamén se exclúe o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a estadía no seu país de orixe ou nalgún do cal é nacional.
Período da axuda: As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 31 de agosto de 2025, ambos incluídos.
Prazo de solicitude: ata o 03/03/2025.
Cantidade: A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.200 euros para estadías realizadas en países de Europa e de 1.500 para estadías no resto do mundo.