Ata o 3 de agosto: Axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia para o ano 2026

0

Convocadas as axudas para a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, de asesoramento e de orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Persoas beneficiarias: As empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan de reactivación e/ou mellora no período comprendido entre o 14 de agosto de 2025 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes, sempre que cumpran todas as condicións e os requisitos comúns e os específicos da correspondente modalidade ou tipo de axuda previstos na orde.

 Liñas de axuda e contías

a) Emega Emerxe (Novas iniciativas): Para apoiar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable (por conta propia ou allea). As promotoras deben proceder de situación de desemprego. Axudas desde 10.000 € ata un máximo de 22.000 €.

 b) Emega Impulsa (Consolidación e mellora): Para favorecer a reactivación, consolidación e mellora da competitividade de empresas xa constituídas por mulleres, esixindo o mantemento ou incremento dos postos de traballo. Axudas desde os 8.000 € ata un máximo de 17.000 €.

 c) Emega Innova (Proxectos tecnolóxicos / innovadores): Para promover a implantación de iniciativas empresariais con carácter innovador, contido científico ou base tecnolóxica. As axudas parten dos 18.000 € ata un máximo de 42.000 €.

 d) Emega Concilia (Liña complementaria): Axuda adicional ás modalidades anteriores (Emerxe, Impulsa e Innova) para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Non se pode solicitar de forma independente. Contía da axuda:

  • Concilia Promotoras: 3.000 €.
  • Concilia Persoas traballadoras: 4.000 € se se implanta un acordo/pacto de conciliación ou hai plan de igualdade. 1.000 € por cada acordo de teletraballo, ata un máximo de 5.000 € por empresa.

 Prazo de solicitude: ata o 03/08/2026.

Ligazón á convocatoria

 

Share.