Ata o 29 de maio: presentación de ofertas para xestionar a cantina da piscina municipal

0

Ata o próximo 29 de maio  estará aberto o prazo de presentación de propostas para a xestión da cantina da área recreativa de Currás durante a temporada estival. Trátase dun contrato que se resolverá en base á oferta económica que se faga -o mínimo son 150 euros-, pero tamén valorando a ampliación do horario de apertura, a variedade e o prezo dos produtos que se ofrezan. Os pregos completos e as follas normalizadas de presentación da proposta técnica e económica poden descargarse desde o Perfil de Contratante do Concello.  

Prego coas cláusulas técnicas e administrativas (.pdf)
Aclaración aos pregos técnicos (.pdf) Publicada o 25/05/2018 sen que supoña novos prazos

Actualización do 15/06/2018: Trala valoración das cinco propostas presentadas, con esta data publicouse no Perfil de Contratante do Concello a resolución coa adxudicación da xestión, que recaeu en Óscar Padín Villarnovo por un importe de 1.058,00€.

Share.