Ata o 28 de xullo: Axudas destinadas á modernización e mellora das explotacións agrarias das persoas agricultoras mozas para o ano 2025 (MR405H)

0

Axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias de Galicia. As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser unha persoa agricultora moza cunha axuda concedida pola intervención en convocatorias anteriores.

b) Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.

c) Ter capacitación profesional suficiente ou estar no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.

d) Que a súa actividade principal sexa a agraria.

e) Exercer a actividade agraria na explotación, así como manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos, desde o pagamento final ao beneficiario, ou 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes.

f) A solicitude ten que ser viable economicamente.

g) Non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1 «Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020».

h) Non ter concedida unha axuda pola mesma subintervención. No caso de tela, ter renunciado.

 Investimentos elixibles: Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións. En particular:

a) A reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoña una redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.

b) Compra de construcións agrarias en desuso ou de construcións adquiridas a través da transmisión dunha explotación agraria coa intermediación do Banco de Explotacións.

c) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude froiteira (árbores e arbustos froiteiros).

d) A compra de terreos conforme o establecido no artigo 73.3.c) do Regulamento (UE) nº 2021/2115.

e) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados poderán comprender gastos xerais, licenzas de software ou outros permisos.

NON serán subvencionables:

a) A compra de dereitos de produción agrícola.

b) A compra de dereitos de pagamento.

c) A compra de terras por un importe superior ao 10 % do gasto total elixible.

d) A compra de animais.

e) A compra de plantas anuais e a súa plantación.

f) O IVE, as taxas, licenzas administrativas ou outros impostos.

g) Os xuros de débeda e os seus gastos.

h) Os xuros de demora, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas e penais.

i) Os gastos de procedementos xudiciais.

j) Os de simple substitución.

k) Os de segunda man.

l) Os de carácter forestal.

m) Os de transformación e comercialización.

n) Os custos de conservación e mantemento ou os derivados das actividades de funcionamento da explotación, como é o caso dos materiais funxibles.

 Establécese o seguinte importe de investimento elixible mínimo: 15.000 euros

 Prazo de solicitude: ata o 28/07/2025.

 Cantidade: O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación de determinados criterios establecidos na orde. A contía máxima da axuda establécese en: 75.000 euros/UTA, cun máximo de 250.000 euros/beneficiario. Poderá destinarse, como máximo, un 30 % deste importe á adquisición de maquinaria agrícola.

Ligazón á normativa

 

Share.