Ata o 28 de novembro: compensacións complementarias e axudas para a reposición de gando por sacrificio obrigatorio

0

1.- As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, con motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.

Hai dous procedementos:

a) Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de baleiro. Código de procedemento MR553A.

b) Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de posautorización á reintrodución. Código de procedemento MR553B.

2.- As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio/matanza de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen durante o seu manexo mentres se desenvolvían as actuacións sanitarias oficiais; tamén os animais mortos por mor de padecer a enfermidade da lingua azul, e os casos de morte ou sacrificio/matanza deses animais como consecuencia da aplicación dun programa oficial obrigatorio de vacinación. Código de procedemento MR550A.

Persoas beneficiarias: Persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio/ matanza de animais existentes nelas, e como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén as persoas ou entidades titulares das seguintes explotacións: onde morresen os animais das ditas especies durante o seu manexo mentres se desenvolvían as actuacións sanitarias oficiais, tamén onde morresen os ditos animais por mor de padecer a enfermidade da lingua azul e, así mesmo, onde se sacrificasen/eutanasiasen ou morresen os ditos animais por mor da aplicación dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

Axudas de compensacións complementarias por lucro cesante: Os cálculos faranse multiplicando o valor en euros da marxe bruta de cada unidade de produción polo número de unidades de produción que consten como datos oficiais referidos á explotación. Estas marxes brutas das principais actividades produtivas gandeiras das explotacións (valor en euros/unidade) son as seguintes:

Actividade Unidades de produción Caracterísiticas Pdto. bruto G. variable Marxe bruta
Cabrún Nai (igual ou maior de 12 meses de idade) Sen primas 102,17 9,62 92,56
Ovino Nai (igual ou maior de 12 meses de idade) Sen primas 60,10 9,62 50,49
Vacún de carne Femia nai > 24 meses de idade ou paridas antes de facer ou ao facer os 24 meses 1.047,00 358,73 688,27
Vacún de leite que non produce leite Femia nai > 24 meses de idade ou paridas antes de facer ou ao facer os 24 meses 857,04 358,20 498,84
Vacún de leite kg leite/ano <50.000 kg/explotación 0,33 0,15 0,18
Vacún de leite kg leite/ano De 50.001 a 100.000 kg/explotación 0,33 0,14 0,19
Vacún de leite kg leite/ano >100.000 kg/explotación 0,35 0,15 0,20
Xatos/as Machos e femias 0-8 meses 854,19 628,81 225,38

 

Axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún para a reposición: As axudas para a compra de animais bovinos, ovinos e cabrúns destinados á reposición poderán concederse nas contías básicas e cos límites seguintes:

  1. Por animal adquirido da especie bovina 500 euros, e por animal comprado de gando ovino e cabrún 50 euros (houbese ou non baleiro sanitario na subexplotación); estes importes por animal serán incrementados nun 10 % (550 €→bovino, 55€→ovino e cabrún) se a subexplotación pertencía, en determinados casos, a unha asociación de defensa sanitaria gandeira (ADSG).
  2. Establécense os animais sacrificados das subexplotacións que se terán en conta de xeito individualizado para o cálculo das contías (unha res sacrificada→unha res reposta), en función da súa idade na data do seu sacrificio (ou morte, se é o caso):
  3. a) Para as subexplotacións de gando bovino: os animais sacrificados iguais ou maiores a 18 meses de idade.
  4. b) Para as subexplotacións de gando ovino e cabrún: os animais sacrificados iguais ou maiores a 10 meses de idade.

 Contía máxima das axudas para o gando bovino: A contía máxima da axuda para cada res bovina adquirida será a suma do importe máximo da contía básica máis o importe da contía adicional, se é o caso. Para os casos en que sexa de aplicación a contía adicional, o límite máximo das axudas por persoa beneficiaria será de 40.000 euros.

Prazo de solicitude: ata o día 28/11/2025.

 

Ligazón á normativa

 

 

Share.