Convocadas as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2025. Nelas poderán participar as persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Datas e lugares de realización das probas: As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal). As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid. En Santiago de Compostela realizaranse as probas para Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28/03/2025.