Axudas autonómicas para facilitar o desfrute dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias ou cesionarias.
Requisitos das persoas beneficiarias
a) Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.
b) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estadía ou residencia regular en España.
c) Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda ou en calidade de persoa cesionaria, dun contrato de cesión de uso.
d) Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos.
e) Dispoñer dunhas rendas anuais iguais ou inferiores a tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).
f) Que a vivenda ou habitación arrendada ou cedida constitúa, no momento da solicitude, a súa residencia habitual e permanente, no caso de que teña contrato.
Renda ou prezo de cesión: A renda mensual da vivenda ou o prezo de cesión da vivenda obxecto do contrato de alugamento ou de cesión non poderá superar os seguintes importes, dependendo do concello en que estea situada:
Zona territorial | Importe da renda mensual de alugamento | Concellos |
Prezo máximo superior | 700 | A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra. |
Municipios de zona territorial 1 | 600 | Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros e Ribeira.
Lugo. A Estrada, Cangas, Lalín, Marín, O Porriño, Ponteareas, Redondela e Vilagarcía de Arousa |
500 | Ares, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cedeira, Cee, Fene, Melide, Mugardos, Neda, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Sada e Teo.
Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro. Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. Baiona, Bueu, Cambados, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Pontecesures, Sanxenxo, Tui e Vilanova de Arousa. |
|
Municipios de zona territorial 2 | 400 | O resto de municipios de Galicia. |
Nesta renda ou prezo non se inclúe o importe que poida corresponder a gastos de comunidade e/ou anexos, tales como prazas de garaxe, rochos ou similares.
No caso do alugamento de habitación, a renda ou prezo non poderá superar o equivalente á metade do importe previsto para renda mensual ou prezo de cesión da vivenda, dependendo do concello en que estea situado.
Prazo de solicitude: dende o 28/02/2025 ás 00:00h. ata o 28/03/2025 ás 23:59h.
Cantidade, duración e retroactividade das axudas:
- Concederaselles ás persoas beneficiarias unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria.
- A axuda concederase ás persoas beneficiarias polo prazo de dous anos.
- Poderán recoñecerse desde o 1 de xaneiro de 2025, aínda que a data de recoñecemento fose posterior, sempre que o correspondente contrato de alugamento ou cesión de uso estivese vixente nesa data.
- En ningún caso poderán recoñecerse axudas con efectos anteriores ao 1 de xaneiro de 2025, nin concederse axudas con posterioridade ao 31 de decembro de 2026.