Publicada a convocatoria gratuita dos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4. Vai dirixida a persoas maiores de dezaseis anos ou para aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral da Lingua convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
Solicitudes e proba previa de nivel: As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. O sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega. Só haberá un intento por cada nivel. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.
Prazo de inscrición: ata o 28/02/2025.
Cursos presenciais na provincia da Coruña:
Localidade | Celga 2 | Celga 3 | Celga 4 |
Coruña, A | Lugar: IES Eusebio da Guarda. Pza. de Pontevedra, 20
Datas: do 17.3.2025 ao 8.5.2025 Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h Núm. de prazas: 35 |
Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez Rúa Cabaleiros, 1
Datas: do 17.3.2025 ao 8.5.2025 Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h Núm. de prazas: 35 |
|
Ferrol | Lugar: IES Concepción Arenal, Rúa Cuntis, s/n
Datas: do 17.3.2025 ao 8.5.2025 Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h Núm. de prazas: 35 |
||
Santiago de Compostela | Lugar: IES Arcebispo Xelmírez I
Rúa Poza de Bar, s/n Datas: do 17.3.2025 ao 8.5.2025 Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h Núm. de prazas: 35 |
Lugar: IES Arcebispo Xelmírez I
Rúa Poza de Bar, s/n Datas: do 17.3.2025 ao 8.5.2025 Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h Núm. de prazas: 35 |
Programación de cursos Celga en liña:
Curso | Número de prazas | Datas |
Celga 2: 11 edicións | 385 | Do 17.3.2025 ao 8.5.2025 |
Celga 3: 8 edicións | 280 | Do 17.3.2025 ao 8.5.2025 |
Celga 4: 17 edicións | 595 | Do 17.3.2025 ao 8.5.2025 |