Ata o 27 de maio: axudas á participación de agricultores/as en réximes de calidade

0

Axudas á cooperación para promover a participación de agricultores en réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios, para o ano 2025, dirixidas a persoas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios ou que participasen por primeira vez nos cinco últimos anos.

Gastos subvencionables e contía das axudas: Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento dos requisitos do réxime. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.

No caso das persoas beneficiarias por comezaren a actividade nunha nova orientación produtiva dentro da produción ecolóxica, os gastos deberán estar relacionados con esa nova orientación produtiva.

A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación. Poderase cobrar un máximo de cinco anualidades e sempre dentro dos sete anos posteriores á incorporación ao réxime de calidade. Non se tramitarán expedientes cuxa contía non supere os 50 €.

Gastos atendibles: Para a convocatoria de 2025 serán atendibles os gastos imputados á campaña que comprende o período que vai do 1 de maio de 2024 ata o 30 de abril de 2025.

Prazo de solicitude: ata o 27/05/2025.

 

Enlace á convocatoria

 

Share.