Axudas dirixidas ao impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal. Delas poderán beneficiarse persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
- Comerciantes retallistas: Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia. Que teñan un número de persoas empregadas igual ou inferior a vinte (20). Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III.
Epígrafes do IAE subvencionables
641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
642. Comercio polo miúdo de carnes e despoxos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza, e de produtos derivados deles.
643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.
644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos
lácteos.
645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas as clases.
647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5).
651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.
652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (agás 652.1).
653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4).
656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, pezas de roupa e utensilios ordinarios de uso doméstico.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659. Outro comercio polo miúdo.
665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo ou catálogo».
255.2. Fabricante de xabóns de tocador e produtos de perfumaría.
253.6. Fabricante de aceites esenciais e substancias aromáticas.
41. Industria de produción de produtos alimenticios.
421. Industria de cacao, chocolate e produtos de confeitaría.
423.1. Elaboración de café e té e sucedáneos de café.
43. Industria téxtil.
44. Industria do coiro.
45. Industria do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles.
- Obradoiros artesáns: Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Actuacións subvencionables
- Liña de dixitalización e innovación comercial.
Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións dirixidas á dixitalización do contorno comercial omnicanle e á transformación dixital do punto de venda e o modelo de negocio:
– Implantación ou mantemento de páxina web con ou sen venda en liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV (ver o texto completo deste na anexo na propia Orde).
– Hardware (sistema TPV ou tableta), impresora de código de barras térmica 1D/2D e báscula dixital.
– Software de xestión adaptado á actividade comercial desenvolvida (programas de xestión comercial, de xestión loxística do e-commerce, de factura electrónica, de pagamento, de control de stocks, tecnoloxía RFID, etc.).
– Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS).
– Loxística e-commerce, entendéndose como o servizo de transporte para envíos en liña, que deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV (ver o texto completo deste na anexo na propia Orde).
– Xestor de redes sociais, que deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV (ver o texto completo deste na anexo na propia Orde), e imaxe dixital.
– Etiquetaxe electrónica para lineais de venda.
– Sistemas de click and collect e lockers dixitais.
– Terminais de autopagamento para a clientela (self check out).
– Solucións de ciberseguridade.
– Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).
– Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).
– Aplicacións de realidade virtual e aumentada.
– Pantallas e escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.
A porcentaxe da subvención será o 80 % dos investimentos máximos subvencionables (IVE excluído) (ver os investimentos máximos de cada actuación na Orde).
- Liña de modernización comercial.
Actuacións dirixidas á mellora da imaxe, á eficiencia do local e dos recursos e á calidade do produto final:
– Obras de acondicionamento e reforma da superficie de exposición e venda do establecemento comercial, adquisición de moblaxe auxiliar destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de moblaxe expositivo de produtos que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
– Custos dos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración do establecemento comercial.
– Portas automáticas con sensores de proximidade.
– Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces.
– Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes.
– Actuacións de mellora da fachada e de illamento térmico e acústico e colocación de toldos e rótulos do establecemento comercial.
– Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal que deberán ser en todo caso de primeiro uso; en concreto, maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial que melloren o deseño e a calidade do produto final.
A porcentaxe da subvención será o 80 % dos investimentos máximos subvencionables (IVE excluído) (ver os investimentos máximos de cada actuación na Orde).
- Liña de sustentabilidade ambiental.
Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións dirixidas á redución das cantidades de embalaxe mediante a adaptación do seu tamaño e forma á dimensión e formato dos produtos:
– Caixas de cartón 100 % reciclado.
– Sobres de cartón ou papel 100 % reciclado.
– Papel vexetal.
– Recheos para embalaxe (recheos vexetais e proteccións acolchadas de papel 100 % reciclado).
– Bolsas de papel 100 % reciclado.
– Bolsas de tea de algodón 100 %.
– Bolsas de tea de liño 100 %.
– Bolsas de tea de cánabo 100 %.
A porcentaxe da subvención será o 80 % do investimento máximo subvencionable de 2.500,00 € (IVE excluído).
Gastos NON subvencionables
a) O imposto sobre o valor engadido (IVE).
b) A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe, cámaras fotográficas e terminais ou lectores de TPV, agás os establecidos no artigo 4.1 destas bases reguladoras.
c) A adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de artesáns, e adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos profesionais.
d) A adquisición ou arrendamento de maquinaria e equipamento necesario para o desenvolvemento das obras.
e) A adquisición de materia prima da actividade artesanal.
f) A adquisición de materiais destinados á realización con medios propios de obras e instalacións.
g) O enxoval e obxectos de decoración e material non inventariable e cunha vida útil previsible inferior a un ano.
h) As obras de mellora e acondicionamento en almacéns ou en espazos non destinados á exposición e venda.
i) As actuacións de reparación, reposición ou mera conservación do establecemento, así como a adquisición de recambios e pezas.
j) As taxas, licenzas, visados e autorizacións relativas ás obras.
k) O mantemento e instalación de sistemas de alarma e seguridade.
l) A adquisición de elementos que coincidan cos propios da actividade comercial da empresa, susceptibles de venda posterior.
m) Os traballos realizados pola propia persoa solicitante da subvención nin aquelas actuacións cando o/a vendedor/a dos activos ou o/a prestador/a da actividade sexa da propia empresa solicitante ou se dese un suposto análogo do cal puidese derivar autofacturación.
n) Os gastos realizados en establecementos dedicados exclusivamente ás máquinas de venda automática.
o) Os inmobles ou artigos de exposición e de proba susceptibles de posterior venda ao público e a instalación de expositores de carácter temporal.
p) Os proxectos cuxo investimento non se axuste ao volume de negocio anual e ás necesidades da persoa solicitante.
q) Os gastos dedicados a actividades que non constitúan a actividade principal subvencionable da persoa solicitante.
r) Os custos de adquisición de investimentos ou os gastos subvencionables superiores ao valor de mercado.
s) As bolsas e demais elementos de plástico ou derivados do plástico.
t) As actuacións cuxo investimento sexa inferior a 1.000,00 €.
u) Calquera outro investimento que non estea directamente vinculado coa realización da actuación subvencionable.
Prazo de solicitude: dende o 26/02/2025 ás 00:00h. ata o 26/03/2025 ás 23:59h.