Ata o 25 de xullo: Inscrición para a Campaña de vela da Deputación no Concello de Valdoviño

0

O Concello de Valdoviño acollerá este ano, entre o 6 e o 10 de agosto, os cursos da Campaña de vela 2018 da Deputación da Coruña. Neles poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos, ambas idades incluídas.

A rapazada interesada en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no Concello, entregando a ficha de inscrición que, a partir de hoxe, pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal/deportes), debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. O prazo remata o 25 de xullo e a cota de inscrición será de 25 euros.

Nos cursos, que terán unha duración dunha semana en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións náuticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.

Share.