Axudas en concorrencia competitiva para a contratación de persoas coidadoras de gando en explotacións gandeiras para pastoreo e manexo do gando como medida preventiva dos danos que poida ocasionar o lobo.
Persoas beneficiarias: Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) de Galicia.
Actuacións subvencionables: O investimento para a contratación de persoas coidadoras de gando en explotacións gandeiras, como elemento preventivo dos danos que poida ocasionar o lobo, que cumpran os seguintes requisitos:
a) O pastoreo exercerase sobre as reses da explotación gandeira e nos terreos destinados ao pastoreo do gando da persoa beneficiaria.
b) Poderán acollerse a estas axudas os contratos en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2025 ata o 30 de novembro de 2025.
c) Será obxecto de axuda a actividade de pastoreo que se realice a xornada completa (40 horas semanais), con redución proporcional no caso de xornadas inferiores.
Ao comezar ou ao finalizar o contrato, de non alcanzar un mes completo, ratearase a subvención segundo os días de actividade de pastoreo e manexo do gando efectivos. d) Deberanse indicar en todos os casos os terreos onde se van desenvolver as actividades de pastoreo para as cales se solicita a subvención.
Prazo de solicitude: ata o 23/01/2025.
Cantidade: A axuda poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables e fíxase un importe máximo de 18.000 euros de axuda por persoa beneficiaria.