Ata o 23 de maio: Licitación servizo de Delegado de Protección de Datos

0

O Concello mantén aberto ata o 23 de maio de 2019 ás 23.59h. o prazo de recepción de ofertas para prestar o servizo de Delegado de Protección de Datos, consistente no asesoramento á Administración sobre o cumprimento da normativa neste ámbito e tamén na formación do persoal municipal. A figura de Delegado de Protección de Datos está definida no regulamento xeral e entre as súas funcións está a de actuar de forma independente informando e asesorando á persoa responsable ou encargada do tratamento de datos dentro da organización -neste caso o Concello-, ademais de supervisar o estrito cumprimento do RXPD.

O contrato licítase para un prazo de execución de 2 anos prorrogables e por un importe de 3.630€, ive incluído.

Enlace ao expediente na plataforma de contratos

Share.