Publicadas no BOP do 07/02/2019 as bases e mailas convocatorias de axudas para entidades do municipio que desenvolvan actividades culturais e deportivas ao longo deste ano. O montante total das axudas para Cultura ascende a 24.000 euros, distribuídos da seguinte maneira: 19.000 euros para actividades culturais (máximo de 5.000 euros de axuda), 2.000 euros para infraestrutura das entidades que dispoñan de local en propiedade ou en rexime de alugueiro e 3.000 euros para comisións de festas, cun máximo de 300 euros de axuda para cada unha delas.
No caso das axudas para entidades deportivas do territorio, o importe global da partida é de 6.000 euros. A data límite para a presentación de solicitudes en ambos casos remata o 23 de abril de 2019.
- Convocatoria e bases de concesión das axudas para actividade cultural publicada no BOP
Impresos de solicitude en formato .odt .docx e .pdf - Convocatoria e bases de concesión das axudas para actividade deportiva publicada no BOP
Impresos de solicitude en formato .odt .docx e .pdf - Corrección de erros publicada no BOP do 29/03/2019