Axudas destinadas ás persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecor) de Galicia, regulados no artigo 13 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.
Persoas beneficiarias: Persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecor) de Galicia, como as agrupacións destes que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta. Para cada tecor só será admisible unha única solicitude.
Actuacións subvencionables: Son actuacións subvencionables destas axudas:
a) Liña de actuacións nos terreos cinexeticamente ordenados coa finalidade de mellorar os hábitats cinexéticos mediante a roza e trituración mecánica do mato, pase de grade, a emenda e/ou fertilización e sementeira de cereal e/ou leguminosas, de acordo coas indicacións contidas no anexo II da Orde.
b) Liña de actuación para a construción de tobeiras artificiais en terreos cinexeticamente ordenados, de acordo coas indicacións contidas no anexo II da Orde.
Prazo de solicitude: ata o 20/01/2025.
Cantidade: Establécense as seguintes contías do investimento subvencionable para cada unha das actuacións que se realicen:
a) Investimentos para a roza e trituración mecánica do mato, pase de grade, emenda /ou fertilización e sementeira de cereal e/ou leguminosas, en terreos cinexeticamente ordenados:
– Roza e trituración mecánica do mato: 400 euros por hectárea. As rozas realizaranse de forma lineal e/ou irregular, dispersas polo terreo en superficies dun máximo de 1 hectárea.
– Pase de grade, emenda e /ou fertilización, sementeira: 600 euros por hectárea e realizarase en superficies continuas de, como máximo, 2.000 metros cadrados.
b) Para a construción de tobeiras artificiais en terreos cinexeticamente ordenados o custo subvencionable será dun máximo de 1.500 euros por tobeira.
A porcentaxe da axuda poderá chegar ata o 100 % do custo dos investimentos. Por solicitude de axuda fixarase un máximo de 10.000 euros, para a roza e trituración mecánica do mato, pase de grade, emenda e/ou fertilización e sementeira de cereal e/ou leguminosas, e ata de 6.000 euros, para a construción de tobeiras artificiais, ata o esgotamento do crédito dispoñible.