Ata o 16 de xaneiro: preinscrición na campaña de esquí da Deputación

0

A Deputación de A Coruña acaba de abrir a convocatoria da campaña de esquí deste ano. Trátase dun programa dirixido a rapazada nacida entre os anos 2003 e 2007 que nesta ocasión viaxará á estación ourensá de Cabeza de Manzaneda. A San Sadurniño correspóndenlle tres prazas deste programa e por iso será necesario facer unha preinscrición xa que, de haber máis peticións que prazas, estas adxudicaranse por sorteo público. O último día para presentar a solicitude é o 16 de xaneiro e o sorteo faríase o día 17 ás 12.30h. na Casa da Cultura.

Folla de preinscrición e información sobre o programa

Share.