Ata o 16 de novembro: Axudas para a merca de vivendas rurais destinadas a menores de 35 anos

0

O Diario Oficial de Galicia publicou o martes 16 de outubro de 2018 a apertura do prazo de solicitudes de axuda para a adquisición de vivenda do Plan estatal 2018-2021, dirixidas a persoas menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes, como é o caso de San Sadurniño.

A subvención pode chegar aos 10.800 euros -máximo do 20% do prezo de compra- e para acceder a ela é importante que os ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM. Este límite elévase a catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou se existe unha persoa cunha discapacidade. O tope será de cinco veces o IPREM no caso de familias numerosas da categoría especial ou se existen persoas con discapacidades severas, nomeadamente, parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual do desenvolvemento, cun grao de recoñecemento igual ou superior ao 33%. Inclúese neste límite a discapacidade física ou sensorial recoñecida igual ou superior ao 65%.

As axudas son para vivenda nova ou usada que, en calquera caso, deberá estar xa construída. É obrigatorio dedicala a residencia habitual e tamén estar empadroado nela.

O prazo de solicitude finaliza o 16 de novembro de 2018 a menos que antes se esgote o crédito. O trámite pode facerse por vía electrónica a través da sede da Xunta ou ben de forma presencial rexistrando a documentación no Concello. Se algunha persoa precisa axuda para cubrir os formularios ou quere máis información sobre a orde, pode contactar co técnico de Desenvolvemento local a través do  981 490 027.

Documentación descargable:
Anuncio publicado no DOG do 16 de outubro de 2018

Share.