Ata o 16 de novembro: Axudas á mocidade para a compra ou autopromoción de vivenda en concellos pequenos

0

Convocadas as axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes para o ano 2026. As axudas diríxense ás persoas físicas maiores de idade e menores de 36 anos, que cumpran, entre outros, as seguintes condicións:

  • Ingresos da unidade de convivencia igual ou inferior a 4,5 veces o IPREM (5 ou 5,5 veces nos supostos de discapacidade previstos).
  • Non ser propietarios ou usufrutuarios doutra vivenda en España, salvo excepcións.
  • No caso de adquisición, a vivenda debe ser a residencia habitual e permanente durante polo menos 5 anos.
  • No caso de autopromoción, a vivenda construída será a residencia habitual e permanente durante polo menos 5 anos desde a data de finalización da construción, debendo ser ocupada no prazo máximo de tres meses desde a dita data.

Actuacións subvencionables e requisitos:

  • Adquisición de vivendas novas ou usadas xa construídas.
  • Autopromoción dunha vivenda para residencia habitual.
  • Que a vivenda sexa adquirida ou autopromocionada por un máximo de dúas persoas físicas.
  • O prezo de adquisición ou custo da autopromoción non pode superar os 250.000 € (sen incluír gastos, impostos nin, no caso da autopromoción, o valor do solo).
  • Na autopromoción, as obras deben iniciarse despois do 1/01/2026 e estar rematadas no momento de solicitar a axuda.

Cantidade: ata o 20 % do prezo de adquisición ou custo da autopromoción, cun máximo de 15.000 € por vivenda.

Prazo de solicitude: dende o 27/08/2026 ás 09:00h ata o 16/11/2026 ás 14:00h. e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.

Ligazón á convocatoria

Share.