Ata o 16 de abril: Exposición pública dos padróns fiscais do IVTM

0

O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado día 9 de marzo o anuncio de exposición pública dos padróns fiscais do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica -a coñecida como “rodaxe”- daqueles concellos que teñen delegado na Deputación o cobro deste imposto. O prazo de exposición e de consulta  permanecerá aberto até o 16 de abril. O padrón pode revisarse no Concello, na delegación da Deputación en Ferrol -rúa Naturalista López Seoane, en Esteiro-, na propia sede provincial ou a través da Oficina Virtual Tributaria deste organismo, onde tamén se pode domiciliar ou efectuar en liña o pagamento dos recibos.

Anuncio publicado no BOP

Share.