Ata o 15 de xuño: Preinscrición nos Campamentos deportivos de verán da Deputación

0

Os Campamentos deportivos para a rapazada de San Sadurniño desenvolveranse entre o día 1 e o 6 de xullo e ao noso concello correspondéronlle 3 prazas. Son estadías nas instalacións do centro Calvo Sotelo da Coruña dirixidas a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos -ambas idades incluídas-, quen disfrutarán durante esas datas de múltiples actividades ao aire libre.

Para acceder ao campamento provincial é necesario que a cativería estea empadroada no concello e apuntarse como moi tarde o día 15 de xuño na propia Casa da Cultura. Se houbese máis peticións que prazas dispoñibles faríase un sorteo para adxudicalas. Unha vez confirmada a praza poderáselle ingresar á Deputación o custe do campamento, que ascende a 85€.

Para obter máis información  pódese contactar co técnico de Cultura a través do correo agustin.perez@sansadurnino.gal, chamar á Casa da Cultura -981 490 027 ext. 2- ou pasar por alí de luns a venres en horario de mañá.

Share.