Ata o 15 de xuño: Exposición pública das matrículas do IAE

0

O Boletín Oficial da Provincia deste luns 31 de maio informa do inicio de exposición pública da matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) do exercicio 2021, correspondente a aquelas empresas domiciliadas nalgún dos municipios da provincia que teñen delegada na Deputación a recadación deste imposto estatal.

A matrícula é o censo de empresas que deben satisfacer o imposto por teren unha cifra de negocio superior a 1 millón de euros.

O prazo de exposición pública permanecerá aberto no Concello desde o 1 ao 15 de xuño. No caso de querer facer consultas da matrícula na Deputación da Coruña, estas terán que facerse por medio do correo iae@dacoruna.gal ou do teléfono 981 080 049.

Ligazón ao anuncio do BOP

 

Share.