Ata o 15 de outubro: Solicitude de axudas para a compra de vivenda en Galicia

0

Convocadas as axudas para a adquisición de vivenda en Galicia por parte de persoas físicas, que comprenden tres modalidades:

  •  Modalidade A. Adquisición de vivendas localizadas nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.
  • Modalidade B. Adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.
  • Modalidade C. Adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivienda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial. 

Condicionantes: Ao se de concorrencia non competitiva as solicitudes tramitaranse en función da súa orde cronolóxica de entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia. Para tal fin, considerarase data de presentación aquela en que a solicitude estea validamente cuberta e acompañada da totalidade dos documentos esixidos nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria.

 Prazo de solicitude: dende o 27/01/2025 ás 00:00h. ata o 15/10/2025 ás 23:59h.

 Cantidade: 

1. A contía máxima da axuda determinarase en función da modalidade da axuda que se solicite e terá o límite do 20 % do prezo de adquisición da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición:

a) No suposto da modalidade A, a contía máxima da axuda será de ata 10.800 euros por vivenda.

b) No suposto da modalidade B, a contía máxima da axuda será a seguinte:

  • Ata 12.800 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos.
  • Ata 10.800 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
  • No suposto de vivendas situadas nun ámbito declarado Área Rexurbe, a contía da axuda será de 15.000 euros por vivenda.

c) No suposto da modalidade C, a contía máxima da axuda será a seguinte:

  • No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
  • No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 12.000  euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.

2.  No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, o importe da axuda que puidese recibir a persoa beneficiaria que adquira unha parte dela determinarase aplicando a porcentaxe de cota adquirida ao importe da axuda que lle correspondería, para o caso de ter adquirido o 100 % da vivenda.

Ligazón á convocatoria

 

Share.