Ata o 15 de decembro: adhesión dos establecementos aos Bonos Activa Comercio

0

A Xunta reactiva o programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da a través dos bonos Activa comercio. O primeiro paso é abrir o prazo para a adhesión dos comercios á campaña, co obxectivo de dinamizar posteriormente a súa actividade promovendo as compras de bens en comercios, mellorar o fondo de manobra dos establecementos comerciais e paliar o impacto negativo derivado da actual situación inflacionista.

Persoas beneficiarias: As persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme o establecido nesta orde.

Actividade subvencionable: Subvencionarase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa. Os bonos Activa comercio non se poderán utilizar para a adquisición de tarxetas regalo, vales, bonos ou similares.

Alta e requisitos dos comercios para a adhesión ao programa (establecementos)

1. Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:

  • Nome e apelidos ou razón social.
  • Establecemento comercial en Galicia.
  • NIF.
  • Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
  • Nome comercial.
  • Enderezo do establecemento comercial.
  • Número de teléfono móbil.
  • Correo electrónico.
  • IAE principal (incluído no anexo I).
  • IBAN da conta bancaria.
  • Páxina web do establecemento comercial.

A adhesión ao programa bonos Activa comercio será única para todas as edicións do programa que se convoquen no ano 2025.

2. Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia.

b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas.

c) Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.

Presentación da solicitude dos bonos (persoas usuarias)

Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:

  • Nome e apelidos.
  • Maioría de idade.
  • DNI ou NIE.
  • Localidade de residencia (código postal).
  • Número de teléfono móbil.
  • Correo electrónico.

Opcionalmente, os bonos poderán solicitarse presencialmente na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e nos departamentos territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Prazo de adhesión dos establecementos comerciais: ata o 15/12/2025.

Data de descarga dos bonos: Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias durante o período de tempo previsto nas correspondentes ordes de convocatoria de cada unha das edicións do programa.

Vixencia do programa: O programa bonos Activa comercio estará vixente ata o 31/12/2025, mediante convocatorias dirixidas ás persoas consumidoras que irá lanzando a Xunta de Galicia.

Tipoloxía: Trátase de axudas que non son en concorrencia competitiva, de maneira que se outorgarán até que se esgote o crédito dispoñible

Cantidade: Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, no seu caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa. O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:

  • Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
  • Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
  • Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

Ligazón á convocatoria

 

Share.