A Xunta publicou os cursos preparatorios das probas libres para a obtención do certificado de competencias dixitais, dentro dos seus distintos niveis.
Nivel iniciación: Para a preparación das probas de certificación de nivel iniciación ponse á disposición do usuario, como material de apoio, o programa de autoformación conformado por un itinerario formativo composto por 7 cursos:
Curso |
Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais. |
ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital. |
ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar. |
ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar. |
ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica. |
ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia. |
ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital: tecnoloxía con «sentido». |
Nivel intermedio: Para a preparación das probas de certificación de nivel intermedio ponse ao dispor do usuario, como material de apoio, o programa de autoformación conformado por un itinerario formativo composto por 5 cursos.
Curso |
Consulta e xestión da información dixital |
Comunicación e colaboración |
Creación de contidos dixitais |
Benestar dixital: seguridade e privacidade |
Contorna dixital e resolución de problemas |
Solicitudes de participación e prazo de inscrición:
As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT,https://cemit.xunta.gal, antes da finalización do prazo de inscrición.
Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónicohttps://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
Os datos persoais con que a persoa se inscriba na páxina web da Rede CeMIT serán os que se tomen de referencia para emitir as certificacións e durante todo o proceso de selección. A Amtega non se fai responsable da emisión de certificacións con datos incorrectos por erros na inscrición ás probas.
Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídas automaticamente aquelas persoas que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.
Unha vez que finalice o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base cuarta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídas.
Prazos de inscrición (iniciación e intermedio): ata o 13/05/2025.
Datas e lugares de celebración das probas: As probas desenvolveranse os días 18, 19 e 20 de xuño de 2025 en diferentes puntos de Galicia (ver Anexo II de ambas Resolucións para ver as diferentes localidades).
Estas probas terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade, nos días e horas que se relacionan, e co número de prazas dispoñibles que se corresponden coa capacidade de cada aula.
Nivel iniciación
Localidade | Provincia | Día | Hora | Prazas |
San Sadurniño | Coruña, A | Venres, 20 de xuño | 10.00 h | 10 |
Nivel intermedio
Localidade | Provincia | Día | Hora | Prazas |
San Sadurniño | Coruña, A | Venres, 20 de xuño | 12.00 h | 10 |
Ligazón á convocatoria nivel iniciación
Ligazón á convocatoria nivel intermedio