Ata o 11 de outubro: solicitude de axudas por danos do xabaril

0

Axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos.

Persoas beneficiarias: As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

Comunicación do dano: No prazo máximo de tres días á produción dos danos en cultivos agrícolas, as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias e os de autoconsumo deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012.

Prazos: Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:

a) Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2024 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.

b) Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012.

Cantidade: O importe das axudas por danos causados nos cultivos agrícolas polo xabaril figura no anexo I desta orde. O importe máximo por persoa beneficiaria establécese en 2.750 €. No caso de que os danos excedan este importe, a persoa beneficiaria terá dereito a axuda máxima, é dicir, 2.750 €.

Tipo de cultivo Importe por m2
Código Descrición €/m2
MIG Millo en gran 0,19
MIF Millo forraxeiro 0,29
TRI Trigo 0,14
CEN Centeo 0,14
AVE Avea 0,14
PRA Pradaría 0,14
PAT Pataca 0,51
FRU Froiteiras (incluída vide) 3,72
HO1 Hortalizas 1 (cenoria, repolo e nabo) 0,79
HO2 Hortalizas 2 (coliflor, tomate, berenxena, cabaciña, cebola, feixón verde, leituga, pemento e allo porro) 2,1
VID Uva 3,63

 

Ligazón á convocatoria

 

Share.