Ata 30 de setembro: axudas a proxectos de investimento empresarial para o ano 2025 (IG408A)

0

A finalidade das axudas é estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma, así como a innovación, a través do desenvolvemento e da mellora das empresas existentes, e coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Van dirixidas a pequenas e medianas empresa, ademais das persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio.

Actividades subvencionables: Serán subvencionables os investimentos proxectados para o desenvolvemento de calquera actividade económica, agás as seguintes que serán excluídas:

– A produción e comercialización agrícola primaria.

– A produción, a transformación, o transporte, a distribución, o almacenamento ou a combustión de combustibles fósiles.

– A construción de centros que presten servizos de formación.

– Infraestruturas residenciais para colectivos en risco de institucionalización.

– Investimentos destinados a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Investimento subvencionable: Serán subvencionables os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, que estean vinculados ao proxecto para o cal se solicita a axuda e que se materialicen nos conceptos e cos requisitos que se relacionan:

a) .Proxectos de investimento empresarial xerais entre 50.000 € e 800.000 € nos seguintes conceptos:

  1. Obra civil e outros conceptos inmobiliarios:
  2. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións e obras específicas para a maquinaria, utensilios (incluídos os moldes, modelos e cuños), equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.
  3. Outros investimentos en activos fixos: mobiliario, equipamentos para proceso de información e outros elementos que, polas súas características, se poidan considerar como inmobilizado.
  4. Aplicacións informáticas directamente vinculadadas co proceso produtivo.
  5. Adquisición de activos dun establecemento.

 b) Proxectos de investimento en equipamento produtivo entre 25.000 € e 800.000 € nos seguintes conceptos: Bens de equipamento, como é a maquinaria de proceso, instalacións e obras específicas para a maquinaria, utensilios (incluídos os moldes, modelos e cuños), equipamentos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento O número de bens de equipamento incluídos na solicitude de axuda non poderá ser superior a catro.

Condicións dos proxectos: Os proxectos deberán ter un investimento mínimo subvencionable de 50.000 € para os proxectos da modalidade a e de 25.000 € para a modalidade b, e máximo de 800.000 € en ambos os casos. Non se considerará en ningún caso o IVE como concepto subvencionable.

A persoa beneficiaria deberá realizar unha achega financeira mínima do 25 % dos custos subvencionables, mediante os seus propios recursos ou mediante financiamento externo exento de calquera tipo de apoio público.

Prazo de solicitude: dende o 21/01/2025 ás 09:00h. ata o 30/09/2025 ás 14:00h.

Cantidade: A intensidade da axuda será do 35 % no caso das pequenas empresas e do 25 % no caso das medianas empresas. No sector do transporte e infraestruturas conexas será do 20 % no caso das pequenas empresas e do 10 % no caso das medianas empresas.

 Ligazón á convocatoria

 

Share.