As entidades teñen ata o 30 para xustificar as subvencións e os convenios

0

As asociacións e clubes do territorio que teñan concedidas axudas do Concello a través de subvencións ou convenios  teñen ata fin de mes para presentar toda a documentación acreditativa do desenvolvemento das actividades e investimentos. O último día é o 30, aínda que aquelas que continúen a súa programación en decembro poden solicitar por escrito unha prórroga. Ademais das follas normalizadas de xustificación, os resumes dos eventos realizados e as copias da cartelaría onde figure a colaboración municipal, as asociacións e clubes tamén deberán achegar as facturas oficiais dos gastos.  En total distribuiranse 18.000 euros, 13.000 destinados a nove entidades veciñais e culturais e 5.000 a seis clubes deportivos, ademais de ter reservados outros 3.000 para colaborar coas comisións de festas. Porén, cómpre lembrar que estas non serán as únicas partidas económicas dirixidas este ano ao fomento da actividade asociativa ou deportiva, posto que Concello suscribiu convenios de colaboración co Aldebarán de Volei, co CF San Sadurniño, con Biela e Chaveta, coa ANPA do CPI, coa AGFA do Eume, coa asociación agroecolóxica A Cortiña e con AGA-Ferrolterra, que supoñen outros 41.200 euros.

A actividades culturais destináronse un montante total de 18.000 euros divididos en tres partidas: 13.000 para actividades (máximo 4.000 euros de axuda), 2.000 para mantemento e infraestrutura das entidades con local propio ou en alugueiro e, por último, 3.000 euros para as comisións de festas cun tope de 300 euros por cada unha.

As nove entidades beneficiarias tiveron que presentar unha memoria valorada de todas as actividades previstas para este ano que despois foron avaliadas de acordo con 11 criterios de puntuación acumulativa.

As asociacións terán que presentar facturas oficiais que sumen o total da cantidade concedida máis o 20% do importe total que se solicitou como axuda. É dicir, se unha entidade preparou un programa valorado en 10.000 euros e ten concedida unha subvención de 1.000, terá que xustificar un total de 3.000 euros (os 1.000 concedidos e 2.000 máis correspondentes ao 20% de 10.000 euros). Existe a posibilidade de presentar como gastos en equipamento e infraestrutura ata un 25% do total subvencionado.

O criterio de xustificación do 20% é tamén de aplicación desde este ano para os clubes deportivos, que ata a convocatoria de 2016 só debían presentar facturas por valor da subvención concedida. O importe global deste capítulo é de 5.000 euros, aínda que cómpre ter en conta que varios clubes terán convenio e non entrarán na convocatoria, como é o caso do Aldebarán de volei -18.000 euros-, o C.F. San Sadurniño -12.000- e o Clube ciclista Biela e Chaveta, cun convenio de 1.000 €. Nestes tres casos trátase dunha colaboración directa enfocada ao mantemento de escolas municipais e para apoio técnico en eventos organizados polo Concello.

Os outros seis clubes que solicitaron subvencións percibirán unha cantidade para gastos correntes de funcionamento e a participación en campionatos deportivos, tales como fichas, desprazamentos, arbitraxes, rehabilitación de lesións, compra de material, etc. agás a merca de bens inmobles ou inventariables e os que teñan a consideración de investimentos (ordenadores, vehículos, maquinaria, etc.).

En referenza ás axudas para entidades hai que ter en conta que, a maiores, o Concello tamén suscribiu convenios de tipo cultural e relacionados co desenvolvemento locale Desenvolvemento local distribuídos da seguinte maneira: 4.000 euros para a ANPA do CPI, 3.500 para a AGFA do Eume -que xestiona a horta de froiteiras do país-, 1.500 para a AGA e 1.200 para a asociación agroecolóxica A Cortiña. Todas elas -e tamén os tres clubes deportivos- teñen tamén de prazo até o 30 de novembro para efectuar a xustificación dos gastos dos seus respectivos convenios.

Documentación descargable:
Bases das subvencións para Cultura
Impresos de xustificación Cultura .odt .docx .pdf
Impresos xustificación infraestrutura .odt .docx .pdf
Bases das subvencións para Deporte
Impresos de xustificación Deportes .odt .docx .pdf
Certificación convenios .odt .docx .pdf

AXUDAS CULTURA
Entidade Actividades Infraestrutura (*) Total
O Castelo de Narahío

4.039,18 €**

1.000 €

5.039,18 €

Xuntanza de Lamas

1.897,92 €

1.897,92 €

Adiante Igrexafeita

989,51 €

1.000 €

1.989,51 €

Confraría San Pipote

1.330,17 €

1.330,17 €

AC Cosuma Conciencia

973,29 €

973,29 €

A.C.R.D. Sta. Mariña do Monte

1.313,95 €

1.313,95 €

A.C. Brío

1.223,10 €

1.223,10 €

Cabaleiros de Santa Mariña

194,65 €

194,65 €

ANPA EIM A Rolada

1.038,18 €

1.038,18 €

Comisións de Festas (convocatoria aberta todo o ano, máx. 300 €/c.u.)

3.000,00 €

Total:

12.999,95 € 2.000,00 €

17.999,95 €

(*) Concesión unicamente a entidades que posúen local propio ou en alugueiro(**) Percibirá o tope máximo establecido na convocatoria, que ascende a 4.000€

AXUDAS DEPORTE

Entidade

Total subvención

UDC Narahío

2.335,00 €

Club Deportivo Brío

1.658,00 €

S.Caza Naraío-Igrexafeita

424,00 €

Club Deportivo Oitomil Aventura

69,00 €

Club Sansa

234,00 €

FS Santa Mariña do Monte

280,00 €

Total:

5.000,00 €

CONVENIOS

C.V. Aldebarán

18.000,00 €

C.F. San Sadurniño

12.000,00 €

ANPA CPI San Sadurniño

4.000,00 €

AGA Ferrolterra

1.500,00 €

Club MTB Biela e Chaveta

1.000,00 €

Asociación Agroecolóxica A Cortiña

1.200,00 €

AGFA do Eume

3.500,00 €

Total convenios:

41.200,00 €

Total subvencións + convenios:

64.199,95 €

Share.