Arenal Emevé, campión por partida dobre na XLI Copa Voleibol Xunta de Galicia

0

San Sadurniño foi escenario esta pasada fin de semana da XLI edición da Copa Voleibol Xunta de Galicia, que enfrontou no pavillón municipal aos catro mellores equipos sénior de Galicia en feminino e masculino. A competición comezou o sábado co cadrangular feminino e proseguiu durante a xornada do domingo cos encontros masculinos, servindo unha intensa fin de semana de volei coa que se estrea o calendario galego 2024-2025.

Na mañá do pasado sábado, o Arenal Emevé e o CV Intistuto Zalaeta dobregaron, respectivamente,  ao Conforgal Xuvenil Teis e Aceites Abril Voley Ourense, obtendo así o pase a unha final na que as lucenses ganaron por un axustado 3-2 e no que Maira Westergaard foi a MVP da final.

Na categoría masculina, celebrada o domingo, o Arenal Emevé e os anfitrións, o Intasa San
Sadurniño, avanzaron con paso firme cara á final da tarde ante o Voleibol Dumbría e o Club
Vigo Voleibol con vitorias por 3 sets a 1. Xa na final das 17:30 os de Lugo completaron o pleno de vitorias na competición en 4 sets, sendo Victor Bouza o xogador máis destacado do encontro.

Resultados competición feminina:
Semifinal 1: Arenal Emeve 3 – Conforgal Xuvenil Teis 1 (25-17/25-21/23-25/25-14).
Semifinal 2: Zalaeta 3 – Aceites Abril CVO 2 (25-15/23-25/25-11/21-25/15-4).
Final:  Arenal Emeve 3 – CVI Zalaeta 2 (24-26/25-16/25-18/24-26/15-9).

Resultados competición masculina:
• Semifinal 1: Arenal Emeve 3 –Voleibol Dumbría 0 (25-21/25-19/25-22).
• Semifinal 2: Intasa san Sadurniño 3 – Club Vigo Voleibol 1 (36-38/25-19/25-16/25-23).
• Final: Arenal Emeve 3 – Intasa san Sadurniño 1 (27-29/25-19/25-19/25-21).

A Federación Galega de Voleibol trasladoulle ao Concello de San Sadurniño e ao Aldebarán o seu agradecemento “por facer posible este gran evento do noso voleibol” co que dán comezo as competicións da temporada 2024-2025.

Share.