Adxudicación da cantina da piscina municipal 2018

0

Ata o  29 de maio  estivo aberto o prazo de presentación de propostas para a xestión da cantina da área recreativa de Currás durante a temporada estival. Trátase dun contrato que se resolveu en base á oferta económica que se fixese -o mínimo eran 150 euros-, pero tamén valorando a ampliación do horario de apertura, a variedade e o prezo dos produtos que se ofrezan.

Trala valoración das cinco propostas presentadas, con data 15/06/2018 publicouse no Perfil de Contratante do Concello a resolución coa adxudicación da xestión, que recaeu en Óscar Padín Villarnovo por un importe de 1.058,00€.

Os pregos completos e a documentación relativa ao procedemento poden descargarse no Perfil de Contratante do Concello.  

Prego coas cláusulas técnicas e administrativas (.pdf)
Aclaración aos pregos técnicos (.pdf) Publicada o 25/05/2018 sen que supoña novos prazos

 

Share.