Actualización das listas do SAF 2021

0

O Concello mantén aberta durante todo o ano a posibilidade de presentar instancias para entrar formar parte das listas de contratación do Servizo de Axuda no Fogar. Porén, as solicitudes de nova incorporación e as de revisión dos méritos de quen xa forma parte da lista revísanse e actualízanse nos meses de febreiro, xuño e outubro.

Quen queira formar parte das listas de contratación do SAF ou quen estando xa nelas queira que se lle recoñeza experiencia laboral ou formación, ten que presentar a correspondente solicitude antes do día 5 dos meses de outubro, febreiro e xuño. Nas seguintes ligazóns publícanse os documentos xerados en cada unha das quendas de actualización.

Quenda de actualización do mes de febreiro de 2021
Aprobación provisional do listado de aspirantes para a provisión de prazas de Auxiliares de Axuda no Fogar (data de publicación en web: 25/02/2021)
Acta coa asignación de puntuacións (data de publicación en web: 08/03/2021)
Bolsa actualizada (data de publicación en web: 23/03/2021)

Quenda de actualización do mes de xuño de 2021
Aprobación provisional do listado de aspirantes para a provisión de prazas de Auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (data de publicación en web: 09/07/2021)

Quenda de actualización do mes de outubro de 2021
Aprobación provisional do listado de aspirantes para a provisión de prazas de Auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (data de publicación en web: 07/10/2021)
Lista definitiva e actualizada da bolsa de emprego do SAF (data de publicación en web: 16/11/2021)

Share.