Actualización das listas de contratación do SAF correspondente a outubro 2016

0

O Concello mantén aberta durante todo o ano a posibilidade de presentar instancias para entrar formar parte das listas de contratación do Servizo de Axuda no Fogar. Porén, as solicitudes de nova incorporación e as de revisión dos méritos de quen xa forma parte da lista revísanse e actualízanse nos meses de febreiro, xuño e outubro.

Para a actualización de outubro presentáronse tres solicitudes que foron admitidas na súa totalidade (o listado pode consultarse na ligazón que hai ao pé deste aviso).

Quen queira formar parte das listas de contratación do SAF ou quen, estando xa nelas, queira que se lle recoñeza experiencia laboral ou formación, ten que presentar a correspondente solicitude antes do día 5 dos meses de outubro, febreiro e xuño.

Documentación descargable:
Solicitudes admitidas provisionalmente na quenda de outubro de 2016
Acta de constitución da comisión avaliadora – SAF outubro 2016
Relación de aspirantes admitidas e de puntuacións – SAF outubro 2016
Bases polas que se rexe a actualización da bolsa de emprego do SAF

Share.