Actualización das listas de contratación do SAF 2016 (quenda de agosto)

0

O Concello mantén aberta durante todo o ano a posibilidade de presentar instancias para entrar formar parte das listas de contratación do Servizo de Axuda no Fogar. Porén, as solicitudes de nova incorporación e as de revisión dos méritos de quen xa forma parte da lista revísanse e actualízanse nos meses de febreiro, xuño e outubro. Este ano a quenda de xullo retrasouse ata este mes de agosto. Nela houbo unha aspirante admitida e outra excluída. A acta coa resolución, a conformación da comisión cualificadora e a lista actualizada encóntranse ao pé desta información.

Quen queira formar parte das listas de contratación do SAF ou quen, estando xa nelas, queira que se lle recoñeza experiencia laboral ou formación, ten que presentar a correspondente solicitude antes do día 5 dos meses de outubro, febreiro e xuño.

Documentación descargable:
Acta coa relación de aspirantes admitidas e excluídas (agosto 2016)
Acta de constitución da mesa cualificadora (agosto 2016)
Lista actualizada (agosto 2016)

Share.