Actualización anual de ordenanzas fiscais segundo o IPC

0

Consonte o recollido en varias ordenanzas fiscais, co cambio de ano actualízanse automaticamente os valores das taxas e tarifas reflectidas en cada unha delas incrementándoas na porcentaxe marcada polo Índice de Prezos ao Consumo publicado polo Instituto Nacional de Estatística.

No Boletín Oficial da Provincia do 15 de marzo de 2019 publícanse as cantidades de todos os prezos públicos e taxas que cobra o Concello por distintos servizos. O listado pode consultarse desde esta ligazón.

Share.