A partir do 3 de maio: novas axudas PEL para hostalaría e axencias de viaxes

0

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, vén de publicar as bases reguladoras do “PEL-Reactiva: Programa específico de apoio á Hostalaría e Axencias de Viaxes”, consistente en axudas directas de 1.500 euros a microempresas e persoas traballadoras autónomas destes dous sectores que non fosen beneficiarias do PEL-Reactiva convocado o pasado mes de novembro. Ademais deste, tamén deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Figurar dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas)
  • Ter o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes

As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 72 do 20 de abril de 2021 ou nesta ligazónÉ importante ter en conta que estas achegas serán compatibles coas concedidas por outras Administracións. A diferencia principal con respecto ao PEL-Reactiva convocado en novembro pola Deputación e os concellos é que este novo programa se dirixe especificamente á hostalaría e axencias de viaxes e que, ademais, non será necesario presentar xustificacións de gastos, senón que se trata dunha contía fixa de 1.500 euros.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día 3 de maio ás 08.00 horas e ata o esgotamento do crédito dispoñible (9 millóns de euros). Por este motivo é moi importante ter preparada a documentación xa antes dese día e non demorarse moito na solicitude, de cara a ter garantido o acceso a unhas axudas que se irán asignando -sempre que se cumpran os requisitos- por orde de entrada no rexistro provincial.

As solicitudes só poderán presentarse de xeito telemático a través da aplicación SUBTeLHai máis información na web do Plan de Emprego Local e, se se ten algunha dúbida, tamén se pode contactar co técnico de Desenvolvemento local no 981 490 027.

Share.