A fase de ascenso á Superliga masculina de volei xogarase en San Sadurniño a finais de abril

0

A Real Federación Española de Voleibol designou recentemente a San Sadurniño como sede da fase de ascenso á Superliga masculina, que se desenvolverá os días 25, 26, 27 e 28 de abril no Pavillón Municipal organizada polo CV Aldebarán. A escuadra local -segunda clasificada do grupo A- recibirá como anfitrioa á UD Ibiza Voley, á Textil Santanderina, ao CV Utrera, ao CV Leganés e ao Instercap Asisa Tarragona SPSP. Os emparellamentos e os horarios dos partidos xa están publicados.

A RFEV publicou o pasado luns o resultado do sorteo dos dous grupos que disputarán en San Sadurniño o ascenso. No grupo A competirán o conxunto anfitrión, o Aldebarán-Intasa San Sadurniño, o UD Ibiza Voley e o cvleganes.com, mentres no grupo B participarán Textil Santanderina, Instercap Asisa Tarragona e CV Utrera.

Ambos grupos disputarán unha liguiña a unha volta para conformar a clasificación que definirá as semifinais da tarde do sábado, os encontros que situarán aos seus vencedores na gran final do domingo. Os dous ganadores terían asegurada praza de ascenso a Superliga Masculina, de maneira que o grande aliciente do partido será coñecer quen quen queda campión da SM2.

A formación adestrada por Pablo Parga, composta maioritariamente por xente moza formada na canteira, chega plena de forma e sen complexos para afrontar unha nova oportunidade de situarse na máxima categoría do volei estatal. No obxectivo do ascenso será fundamental o apoio das bancadas. Por iso, desde o Concello e desde o club faise un chamamento para que todas e todos enchamos o municipal.

Ademais de apoiar ao Aldebarán, a Concellería de Deportes tamén pide o ánimo de toda a afección para o CF San Sadurniño e para a UDC Narahío na súa pugna polo ascenso a Primeira Galicia, con partidos dentro e fóra da casa durante o que queda de abril e todo o mes de maio.

GRUPO A

Xoves 25 de abril, 20:00h

UD Ibiza Volley – cvleganes.com

Venres 26 de abril, 12:00h

Aldebarán Intasa – UD Ibiza Volley

Venres 26 de abril, 20:00h

Cvleganes.com – Aldebarán Intasa

GRUPO B

Xoves 25 de abril, 17:30h

CDV Textil Santanderina – CV Utrera

Venres 26 de abril, 09:30h

Instercap Asisa Tarragona – CDV Textil Santanderina

Venres 26 de abril, 17:30h

CV Utrera – Instercap Asisa Tarragona

 

5º E 6º POSTO

Sábado 27 de abril, 11:00h 3º Grupo A – 3º Grupo B

SEMIFINAIS

Sábado 27 de abril, 17:30h 2º Grupo A – 1º Grupo B
Sábado 27 de abril, 20:00h 1º Grupo A – 2º Grupo B

FINAIS

Domingo 28 de abril, 10:00h Perdedor 1ª semifinal – Perdedor 2ª semifinal
Domingo 28 de abril, 12:00h Ganador 1ª semifinal – Ganador 2ª semifinal
Share.