O Boletín Oficial da Provincia do 9 de abril de 2019 publicou a convocatoria e mailas bases para a elaboración dunha lista de contratación de persoal funcionario interino, de cara a facer substitucións ou executar programas temporais dentro dos postos do Grupo C1 da Administración Local.
O proceso selectivo para a configuración das listas farase mediante concurso-oposición (60 puntos/40 puntos) e as probas serán eliminatorias.
Documentación xerada durante o proceso:
- Convocatoria e bases publicadas no BOP do 9/04/2019
- Listado provisional de persoas admitidas, publicado no BOP do 15/05/2019
- Listado definitivo de persoas admitidas, publicación en web o 07/06/2019 – O primeiro exame da fase de oposición terá lugar na Casa da Xuventude de San Sadurniño o 20/06/2019 a partir das 12.00h.
- Acta do tribunal correspondente ao primeiro exercicio da fase de oposición, publicación en web o 20/06/2019 – Alegacións ata o 25/06/2019 – Data do segundo exercicio: mércores 3 de xullo de 2019 ás 11.30h. na Casa da Xuventude.
- Folla de respostas correctas do primeiro exercicio
- Acta do tribunal correspondente ao segundo exercicio da fase de oposición, publicación en web o 03/07/2019 – Alegacións ata o 08/07/2019 – Data do terceiro exercicio: xoves 11 de xullo de 2019 ás 10.30h. na Casa da Xuventude
- Acta do tribunal correspondente ao terceiro exercicio da fase de oposición, avaliación de méritos e configuración da lista, publicación en web o 11/07/2019 – Alegacións ata o martes 16 de xullo de 2019.
Segundo se extrae das bases completas , as funcións do posto son:
- Atender ao público, presencial e telefonicamente
- Xestionar o Punto de información catastral
- Dar apoio administrativo na tramitación de expedientes no seu ámbito de traballo, realizando tarefas concretas do procedemento de acordo coas indicacións recibidas e os modelos e circuítos establecidos
- Elaborar decretos, ditames, oficios e outros documentos administrativos aplicando os modelos de referencia
- Facerse cargo das actividades de apoio á unidade de adscrición
- Colaborar mediante a realización de tarefas de apoio administrativo reforzando ás persoas responsables dos proxectos que se realicen dende a área
- Dar apoio á tramitación de expedientes de contratación mediante a realización das tarefas de apoio administrativo, reforzando ás persoas responsables técnicas do proceso
- Dar apoio á tramitación dos procesos relacionados coa xestión contable, orzamentaria, patrimonial e de tesouraría mediante a realización das tarefas de apoio administrativo e reforzo ás persoas responsables do proceso
- Prestar apoio no referente a estatística, padrón, e Xulgado de paz
- Dar apoio na xestión de subvencións
- E en xeral, desenvolver todas aquelas tarefas semellantes que lle sexan atribuídas.