Ata o 2 de marzo: solicitude de axudas á apicultura

0

Convocadas as axudas para mellorar as condicións de produción e comercialización dos produtos apícolas no marco da Intervención Sectorial Apícola da PAC 2023–2027.

Persoas beneficiarias: No caso da liña MR506A serán beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas inscritas no REGA, que posúan colmeas válidas e correctamente identificadas. Tamén deberán cumprir a normativa sanitaria, de rexistros e movementos. Por outra banda, a liña MR506B diríxese a agrupacións apícolas, ADS, cooperativas, e asociacións con personalidade xurídica.

 Actuacións subvencionables A orde inclúe 5 grandes intervencións, con múltiples accións.

  • Intervención 1. Asesoramento, asistencia técnica e formación (MR506B)
  • Intervención 2. Investimentos e accións sanitarias e climáticas (MR506A e MR506B segundo acción)
  • Intervención 3. Actuacións para prestar axudas aos laboratorios na análise de produtos apícolas, na perda de abellas ou nas caídas na produtividade, e de substancias potencialmente tóxicas para as abellas.
  • Intervención 6. Promoción, comunicación e comercialización, incluídas as accións e actividades de vixilancia do mercado destinadas, en particular, a sensibilizar os consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas. Este tipo de intervención só poderá ser solicitado por parte de agrupacións de apicultores/as de máis de 40.000 colmeas que leven a cabo actuacións de comercialización.
  • Intervención 7. Actuacións para aumentar a calidade dos produtos.

Prazo de solicitude: ata o 02/03/2026.

 As contías dependen da acción subvencionada, cos seguintes límites:

Acción % subvención Límite
Tratamentos varroa (conv.) 90 % 2,5 €/colmea, máx. 18.000 €
Tratamentos ecolóxicos 100 % 5 €/colmea, máx. 18.000 €
Vitalidade colmeas 80 % 6 €/colmea
Cera 70 % 5 €/colmea
Trampas velutina 100 % 5 €/trampa + 12 €/atraente
EPIs velutina 70 % 3 €/colmea
Repoboación 70 % 5 €/colmea
Transhumancia 80 % segundo investimento
Técnicos veterinarios 90 % 30.000 €/técnico, 60.000 €/agrupación
Formación 60 % 5.000 €
Publicacións 90 % 5.000 €
Administrativo 90 % 15.000 € e 0,5 €/colmea

Ligazón á convocatoria

 

Share.