Ata o 2 de marzo: Solicitude de axudas para aproveitamento de enerxías renovables e eficiencia en empresas de produción agrícola

0

Subvencións en concorrencia competitiva destinadas a proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. Delas poderán beneficiarse, polo tanto, as empresas legalmente constituídas e as persoas empresarias autónomas incluídas no sector de produción agrícola primaria. Tamén poderán acollerse as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

Actuacións subvencionables de enerxías renovables: Serán subvencionables os custos dos investimentos necesarios para o desenvolvemento de instalación que xeren electricidade a partir de fontes de enerxías renovables. O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 6.000 euros por solicitude (IVE non incluído).

 Actuacións subvencionables de aforro e eficiencia enerxética:

  • Será subvencionable a implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociados ás actuacións de aforro para as que se solicita axuda e incluso a implantación de sistemas de procesado avanzado de datos aplicados á optimización do consumo enerxético.
  • Equipamentos xeradores de calor en instalacións de auga quente sanitaria e climatización.
  • Mellora de instalacións de iluminación.
  • Os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética.

Custos subvencionables: O prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha, así como o custo de elaboración dos documentos técnicos do proxecto e da solicitude de axuda. Tamén se poderán incluír como custes subvencionables os proxectos que cumpran cos requisitos técnicos mínimos. O IVE é outro concepto subvencionable, cando non sexa recuperable.

Prazo de solicitude: desde o 29/01/2026 ás 09:00h. ata o 02/03/2026 ás 23:59h.

Cantidade: A contía da axuda será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 € por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo en que se establece unha axuda máxima de 500.000 € por proxecto e de 500.000 € por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

Ligazón ao anuncio

 

Share.