Subvencións en concorrencia competitiva para proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos en réxime de autoconsumo.
Persoas beneficiarias: As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes, as entidades sen ánimo de lucro, as empresas legalmente constituídas e persoas autónomas.
Actuacións subvencionables:
- Os paneis solares fotovoltaicos.
- O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medida e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías que non sexan de chumbo ácido.
- O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
- O custe de montaxe e conexionado.
Prazo de solicitude: desde o 28/01/2026 ás 09:00h. ata o 02/03/2026 ás 23:59h.
Cantidades: A contía máxima de axuda será de 150.000, de acordo coas seguintes porcentaxes:
| Beneficiarias | Porcentaxe máxima de axuda |
| Entidades locais | 60% |
| Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) | 60% |
| Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais | 30% |