Probas de avaliación para o certificado de competencias dixitais (COMDIX)

0

Convocadas as probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, niveis iniciación e intermedio, no primeiro semestre do ano 2026, que se desenvolverán nas seguintes datas:

Nivel Convocatoria Días das probas Horarios Prazo de inscrición
Iniciación Febreiro 25, 26 e 27 10:00 h
12:00 h
16:30 h
Do 19 ao 28 de xaneiro
Intermedio Abril 28, 29 e 30 10:00 h
12:00 h
16:30 h
Do 16 ao 25 de marzo
Iniciación Xuño 17, 18 e 19 10:00 h
12:00 h
16:30 h
Do 4 ao 13 de maio

 

Se o último día do prazo de inscrición fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

 Os detalles de cada convocatoria, as aulas concretas en que se realizarán as probas, os horarios asignados a cada unha delas e o número de prazas ofertadas publicaranse na web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal cunha antelación mínima dun mes respecto da data de inicio das probas.

Itinerario formativo: Co fin de facilitar a preparación das probas de certificación, ponse ao dispor das persoas interesadas material formativo de apoio deseñado para proporcionar os coñecementos e as competencias necesarias para afrontar as probas de cada nivel. En función do nivel correspondente, estarán dispoñibles as seguintes formacións:

Nivel Iniciación
• Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.
• ComDix I. Coñece a contorna dixital
• ComDix II. Ten a información dixital sempre á man: buscar, seleccionar e gardar
• ComDix III. Tecnoloxías dixitais
• ComDix IV. Participa na sociedade dixital
• ComDix V. Crea contidos dixitais
• ComDix VI. Atopa o benestar dixital

 

Nivel Intermedio
• Consulta e xestión da información dixital
• Comunicación e colaboración
• Creación de contidos dixitais
• Benestar dixital: seguridade e privacidade
• Contorna dixital e resolución de problemas

 

O acceso a estes contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal

O acceso voluntario aos contidos non é un requisito para matricularse nas probas de certificación nin dá dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix).

Solicitudes de participación: As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización de cada prazo de inscrición indicado.

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

En cada convocatoria só se poderá presentar unha solicitude por persoa participante para unha aula, un día e unha hora.

Finalizado o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base cuarta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de persoas excluídas.

Exención do pagamento de taxas de exame:A matriculación nesta convocatoria estará exenta do pagamento de taxas.

Para ampliar información pode contactarse coa Aula CeMIT de San Sadurniño no correo cemit.sansadurnino@xunta.gal ou no teléfono 616 016 793

Ligazón á convocatoria

 

Share.