Ata o 16 de febreiro: Solicitude de participación nas probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (TR306A)

0

Convocadas as probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados profesionais de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (TR306A) para o ano 2026.

Competencias clave que se convocan: Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

Co obxecto de facilitar a preparación desta proba, a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego pon á disposición da cidadanía, a través do Campus Virtual de Emprego, contidos formativos, probas e un servizo de titoría. As persoas interesadas poden acceder a eles, de forma gratuíta, nesta ligazón.

Requisitos de participación: Poderán presentarse ás probas para a obtención do certificado de superación das competencias clave necesarias para o acceso á formación dos módulos profesionais dos certificados profesionais, tanto do nivel 2 como do nivel 3, as persoas que cumpran os dous seguintes requisitos:

  1. Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos en 31 de decembro do ano natural en que se realizan as probas.
  2. Non estar en posesión de ningún dos requisitos de acceso á formación dos certificados profesionais establecidos no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro).

No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación profesional a que se refire o punto anterior.

Exencións e validacións ás probas de avaliación: Estarán exentas de presentarse á proba da competencia de comunicación en lingua galega aquelas persoas que cumpran algún dos requisitos establecidos no anexo IV desta resolución.

No anexo V da resolución establécense as validacións por teren superados estudos regrados e probas do sistema educativo para as competencias clave que se convocan.

 Prazo de solicitude: ata o 16/02/2026.

 Realización das probas de avaliación en competencias clave: O lugar e horario de realización das probas de avaliación en competencias clave publicarase na páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. O calendario da convocatoria inclúese no anexo II da resolución.

Ligazón á convocatoria

 

Share.