Convocadas as axudas autonómicas para impulsar a innovación, modernización e sustentabilidade ambiental do comercio local e artesanal en Galicia, fomentando a dixitalización dos negocios, a mellora da eficiencia dos establecementos comerciais e a adopción de prácticas máis respectuosas co medio ambiente.
Persoas beneficiarias: Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
- Comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que teñan un número de persoas empregadas igual ou inferior a 20 e que estean de alta nalgunha das epígrafes do IAE recollidas nos Anexos II e III da orde.
- Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia
Actuacións subvencionables:
- Liña de dixitalización e innovación comercial, para actuacións orientadas á transformación dixital do negocio: Páxinas web con ou sen venda en liña; hardware (TPV, tabletas, impresoras de códigos, básculas dixitais); software de xestión comercial, loxística, facturación, stocks, RFID; ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS); loxística e-commerce; xestión de redes sociais e imaxe dixital; ttiquetaxe electrónica, click & collect, lockers dixitais; terminais de autopagamento; solucións de ciberseguridade; asistentes virtuais, apps móbiles, realidade virtual/aumentada; pantallas e escaparates virtuais.
- Liña de modernización comercial, orientada á mellora da imaxe e eficiencia do establecemento: Obras de acondicionamento e reforma da zona de venda; moblaxe auxiliar e expositiva; proxectos de interiorismo e decoración; portas automáticas; iluminación e climatización eficientes; mellora de fachadas, illamento, toldos e rótulos; maquinaria e equipamento novo directamente vinculado á actividade
- Liña de sustentabilidade ambiental, enfocada na redución de embalaxes e resíduos, financiando caixas, sobres e recheos 100% reciclados, papel vexetal, bolsas de papel reciclado ou bolsas de tea
Gastos NON subvencionables
- Os impostos persoais sobre a renda e o imposto sobre o valor engadido (IVE).
- A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, tabletas, televisores, reprodutores de son e imaxe e cámaras fotográficas.
- A adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de artesáns, e adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos profesionais.
- A adquisición ou arrendamento de maquinaria e equipamento necesario para o desenvolvemento das obras.
- A adquisición de materia prima da actividade artesanal.
- A adquisición de materiais destinados á realización con medios propios de obras e instalacións.
- O enxoval e obxectos de decoración e material non inventariable e cunha vida útil previsible inferior a un ano.
- As obras de mellora e acondicionamento en almacéns ou en espazos non destinados á exposición e venda.
- A adquisición de recambios e pezas.
- As taxas, licenzas, visados e autorizacións relativas ás obras.
- O mantemento e instalación de sistemas de alarma e seguridade.
- A adquisición de elementos que coincidan cos propios da actividade comercial da empresa, susceptibles de venda posterior.
- Os traballos realizados pola propia persoa solicitante da subvención nin aquelas actuación cando o/a vendedor/a dos activos ou o/a prestador/a da actividade sexa da propia empresa solicitante ou se dese un suposto análogo do cal puidese derivar autofacturación.
- Os gastos realizados en establecementos dedicados exclusivamente ás máquinas de venda automática.
- Os inmobles ou artigos de exposición e de proba susceptibles de posterior venda ao público e a instalación de expositores de carácter temporal.
- Os proxectos cuxo investimento non se axuste ao volume de negocio anual e ás necesidades da persoa solicitante.
- Os gastos dedicados a actividades que non constitúan a actividade principal subvencionable do establecemento comercial.
- Os custos de adquisición de investimentos ou os gastos subvencionables superiores ao valor de mercado.
- As bolsas e demais elementos de plástico ou derivados do plástico.
- As solicitudes cuxo investimento total sexa inferior a 1.000,00 €.
- Calquera outro investimento que non estea directamente vinculado coa realización da actuación subvencionable.
Cantidade: A intensidade da axuda será do 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), co límite máximo que se establece para cada actuación subvencionable e para cada liña de axudas.
| Liña 1: dixitalización e innovación comercial
Actuacións subvencionables |
Investimento máximo subvencionable (IVE excluído) | |
| a) Implantación ou mantemento de páxina web con ou sen venda en liña (A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV) | 1.200,00 € | |
| b) Sistema TPV, impresora de tíckets, caixón portamoedas, lector de código de barras, impresora de etiquetas/código de barras e báscula dixital | 1.200,00 € | |
| c) Software de xestión adaptado á actividade comercial desenvolvida (programas de xestión comercial, de xestión do e-commerce, de pagamento, de control de stocks, tecnoloxía RFID, sistema de facturación electrónica que deberá estar homologado pola AEAT etc.). Inclúese a implantación do software e a formación necesaria para o seu uso | 5.000,00 € | |
| d) Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS) | 2.500,00 € | |
| e) Xestor de redes sociais, que deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV, e imaxe dixital | 2.000,00 € | |
| f) Etiquetaxe electrónica para lineais de venda | 2.500,00 € | |
| g) Sistemas de click and collect | 2.500,00 € | |
| h) Solucións de ciberseguridade | 2.000,00 € | |
| i) Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots) | 1.000,00 € | |
| j) Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce) e aplicacións de realidade virtual e aumentada | 2.500,00 € | |
| k) Pantallas e escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela | 5.000,00 € | |
| l) Memoria-proxecto de dixitalización elaborado por persoa enxeñeira informática colexiada | 2.000,00 € | |
| Investimento máximo subvencionable na liña 1: 18.750 € | ||
| Liña 2: modernización comercial
Actuacións subvencionables |
Investimento máximo subvencionable
(IVE excluído) |
| a) Obras de acondicionamento e reforma da superficie de exposición e venda do establecemento comercial, adquisición de moblaxe auxiliar destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de moblaxe expositiva de produtos que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda | 5.250,00 € |
| b) Servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo, de decoración e de obras do establecemento comercial | 2.000,00 € |
| c) Portas de entrada ao establecemento que permitan o peche sen necesidade de acción manual (automáticas ou con brazo mecánico) | 2.000,00 € |
| d) Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces | 2.000,00 € |
| e) Sistemas de climatización, calefacción e ventilación enerxeticamente eficientes | 4.000,00 € |
| f) Actuacións de mellora da fachada e illamento térmico e acústico e colocación de toldos e rótulos do establecemento comercial | 2.000,00 € |
| g) Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade artesanal e a actividade comercial principal e que deberán ser, en todo caso, adquisicións de primeiro uso.
No caso de maquinaria, ou equipamento auxiliar, debe ser de fabricación externa cualificada e cumprir as seguintes condicións excluíntes: 1. Estar directamente relacionada coa actividade artesanal. 2. Estar directamente relacionada coa actividade comercial principal do establecemento e que melloren o deseño e calidade do produto final, así como a experiencia de compra, sempre que sexan de uso exclusivo na superficie de exposición e venda. |
5.000,00 € |
| h) Aparellos eléctricos de aromatización e fío musical | 1.000 € |
| Investimento máximo subvencionable na liña 2: 20.000 € | |
|
Liña 3: sustentabilidade ambiental Actuacións subvencionables
|
| a) Caixas de cartón 100 % reciclado. |
| b) Sobres de cartón ou papel 100 % reciclado. |
| c) Papel vexetal. |
| d) Recheos para embalaxe (recheos vexetais e proteccións acolchadas de papel 100 % reciclado). |
| e) Bolsas de papel 100 % reciclado. |
| f) Bobinas de papel 100 % reciclado. |
| g) Bolsas de tea de algodón 100 %. |
| h) Bolsas de tea de liño 100 %. |
| i) Bolsas de tea de cánabo 100 %. |
| Investimento máximo subvencionable na liña 3: 2.500 € (IVE excluído) |
Prazo de solicitude: dende o 16/01/2026 ás 09:00h. ata o 16/02/2026 ás 20:00h.