Do 16 de xaneiro ao 16 de febreiro: Axudas para corrección de impactos paisaxísticos

0

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas co obxectivo de incrementar a sensibilización cidadá sobre as alteracións que teñen unha repercusión negativa na paisaxe e promover a súa corrección mediante actuacións concretas sobre inmobles en ámbitos identificados como sensibles no Catálogo das paisaxes de Galicia, fomentando a colaboración coa administración para preservar a calidade paisaxística.

Persoas beneficiarias: Persoas físicas que sexan propietarias ou usufrutuarias dun inmoble ou ben sobre o cal se pretendan realizar actuacións de corrección de impactos paisaxísticos e que acrediten dispoñibilidade do ben durante o período de mantemento das obrigas da axuda.

Actuacións subvencionables: Subvenciónanse actuacións de corrección de impactos paisaxísticos que inclúen:

  • Restauración ou revestimento de paramentos de fachadas que deterioren a paisaxe.
  • Remate, renovación ou substitución de acabados exteriores de cubertas.
  • Recuperación, restauración ou revestimento de muros de peche de terreos.

As actuacións de carácter parcial ou non integral non serán subvencionables, e tampouco se admiten actuacións sobre inmobles en construción.

Gastos subvencionables: Acéptanse como gastos os investimentos en materiais e man de obra necesarios para a execución das actuacións, os honorarios facultativos pola redacción de proxectos técnicos e dirección facultativa (ata un máximo do 10% do custo de investimento) e os tributos abonados efectivamente pola persoa beneficiaria.

Non se subvencionan gastos realizados antes da publicación da orde no DOG, gastos correntes de funcionamento, equipamento de segunda man, nin os impostos indirectos recuperables.

 Prazo de solicitude: dende o 16/01/2026 ás 12:00h. ata o 16/02/2026 ás 23:59h.

Cantidade: Subvención do 70% do orzamento subvencionable aceptado polo organismo xestor, cun máximo de 3.000 € por solicitante e ben.

Ligazón á convocatoria

 

Share.